web en español
web em português
English

metodoloxía
atención ó cliente
capacidade de xestión




atencion ó cliente

[metodoloxía]

Como consultora externa, ATANA desenvolve proxectos de RR.PP fundamentados nunha rigorosa metodoloxía que engloba determinadas técnicas. O obxectivo é definir e programar as diferentes estratexias de comunicación para cada empresa ou organismo, elaborando para cada unha delas un programa de comunicación axeitado ás súas necesidades, co fin de promover o coñecemento da entidade e da súa imaxe corporativa de cara ós diferentes públicos.

O valor fundamental nos proxectos de relacións públicas que se elaboran dende ATANA é a realización dunha investigación como fase primordial do noso método.


[atención ó cliente]

En ATANA sabemos que o constante seguimento do cliente é un valor fundamental para manter as relacións óptimas entre a consultora e a empresa.

O seguimento constante e a relación de cercanía entre ámbalas dúas partes, forman os valores fundamentais para lograr unha correcta comunicación bidireccional baixo unha política de confianza e transparencia, garantida a través da elaboración dunha avaliación e control de resultados, durante e despois de cada proxecto.


[capacidade de xestión]

Dende ATANA ofrecemos solucións “chave en man”, encargándonos de todo o preciso dende a concepción da idea ata o resultado final.

A nosa capacidade de xestión reside na programación de proxectos de RR.PP., coordinación, execución e xestión cos públicos implicados.

Asimesmo, ATANA adapta o seu persoal, recursos e horario de traballo a calquera empresa ou institución para a realización de campañas de RR.PP., eventos ou accións concretas. A flexibilidade da contratación "in situ" supón, pois, un engadido para calquera organización que, de maneira puntual ou continuada, precise servicios especializados de relacións públicas.






[ consultora de rr.pp. | valor engadido | os nosos servicios | casos de rr.pp. | atención ó cliente ]