|
 |
|
ATANA, Gabinete de Relacións Públicas é unha consultora externa especializada en
ofrecer servicios profesionais de RR.PP. que, a partir da análise da situación e necesidades
do cliente, plantexa un programa de actuación que incide directamente na imaxe pública da
empresa.
Así pois, a nosa actuación afecta de forma clara á comunicación corporativa
dos nosos clientes, entendendo esta na súa globalidade: comunicación externa e interna.
|
|
 |
|
Con sede na Coruña, ATANA nace en 1998 co propósito de atender á demanda existente no mercado
de actuación galego.
Ó longo da súa traxectoria, a satisfacción por parte do
cliente cos resultados obtidos, confirma a nosa intención como unha realidade.
|
|
 |
|
ATANA aposta, como eixo básico na estructura organizacional da empresa, por un equipo
de profesionais con formación académica e titulación nas
áreas de Relacións Públicas e Publicidade.
Asimesmo, como persoal externo, contamos con profesionais especializados en cada unha das áreas
de traballo que conforman esta consultora: sociólogos, deseñadores gráficos,
editores web, linguistas, traductores, e demais especialistas nas materias que a rigorosidade de cada
proxecto require.
|
|
 |
|
A dirección está a cargo de Marina Oural Villapol, socia fundadora da empresa,
membro da directiva -Secretaria- de AS.GA.R.P. (Asociación Galega de Relacións Públicas)
dende 1993 a 1997, profesional con máis de dez anos de experiencia no campo das relacións públicas,
e oito como docente en materias de Teoría, Técnica, e Programación de RR.PP.
Dende ATANA coidamos de manter unha comunicación bidireccional aberta e
contrastada pola experiencia que cada un dos integrantes aporta, tanto de forma
individual como no traballo en equipo.
Tódolos membros que integran a empresa, xunto co persoal externo,
aportan a súa experiencia laboral nas seguintes áreas:
- campañas de relacións públicas
- campañas de publicidade
- tratamento de medios de comunicación
- deseño gráfico
- formación: cursos, seminarios e conferencias
- tratamento de contidos para sitios web
|
|
 |
|
[a imaxe como valor diferenciador] obxectivo
[facelo ben e facelo saber ben] medio
[a imaxe positiva] efecto
O noso método de traballo actúa sobre os cimentos básicos nos que se
asenta a imaxe de calquera entidade ou organismo, ofrecendo resposta á demanda de comunicación,
mediante a concepción e elaboración de estratexias de RR.PP., e poñendo ó
servicio do cliente tódalas ferramentas necesarias para o seu correcto tratamento.
O mercado empresarial necesita un discurso coherente entre o que fai e o que di que fai, para comunicar coa
comunidade en xeral e cos seus públicos en particular.
Dende ATANA favorecemos a creación de estructuras óptimas de comunicación,
pois entendemos as RR.PP. como un conxunto de "estratexias de confianza" entre a empresa e
os seus públicos e traballamos para conseguir a coherencia na mensaxe, é dicir:
"facelo ben e facelo saber"
Pero os mellores resultados para a comunicación dos nosos clientes buscámolos cun engadido
a esta máxima:
"facelo ben e facelo saber ben"
|
|
|